Perfil
Coñece a Fran
Empresario, asociacionista, alcalde.
Biografía
Francisco Pérez Caamaño, 54 anos, nacido en Noia. Empresario do sector da comunicación gráfica e emprendedor en distintas actividades. Cunha longa traxectoria no asociacionismo deportivo, social e económico, foi presidente da patronal Noia Histórica.
Traxectoria política
Concelleiro do PSdeG-PSOE en Noia, é alcalde dende o 11 de agosto de 2025 tras prosperar a moción de censura que contou co apoio do BNG, Marea Cidadá e o edil non adscrito. O seu compromiso é un goberno plural, dialogante e estable, ao servizo do ben común.
Valores
- Transparencia e rendición de contas
- Diálogo e escoita activa
- Xestión próxima e eficiente
- Identidade noiesa e galega