Balance dos primeiros 6 meses: traballamos todos a un tempo por Noia
Seis meses despois da toma de posesión, o alcalde fai balance: dunha herdanza «case catastrófica» a un goberno con orzamento aprobado e relacións fluídas en pleno.
Seis meses despois da toma de posesión, o alcalde fai balance: dunha herdanza «case catastrófica» a un goberno con orzamento aprobado e relacións fluídas en pleno.
A confraría de San Bartolomé reporta unha mortandade do 89% en bivalvos. O Concello solicita unha reunión urxente coa Xunta para activar medidas extraordinarias.
O pleno do 29 de xaneiro aprobou o orzamento de 14.736.219 € co apoio do BNG. Énfase na racionalización do gasto e nos servizos esenciais, tras saldar parcialmente a débeda histórica coa Mancomunidade.
O acordo de investidura do orzamento 2026 incorpora medio millón de euros para mellora das redes de saneamento, ademais de partidas adicionais para abastecemento de auga.
Recuperamos para a cidadanía varias prazas reservadas para traballadores municipais. Os aseos públicos pechados serán reformados como almacén municipal.
O novo executivo recorta 60.000 € de gasto político e destínaos a limpeza viaria, mantemento de zonas verdes e actuacións nas parroquias. O alcalde pasa de 50.000 a 42.000 € anuais.
Primeira medida do executivo: encargar un estudo actualizado da situación económica para coñecer con detalle o estado das contas herdadas.
O 11 de agosto de 2025 prosperou a moción de censura presentada polo PSdeG, BNG e Marea Cidadá, co apoio do edil non adscrito Luís Alamancos. Maioría absoluta de 9 concelleiros.