Reducimos un 20% o custo do goberno e activamos o plan Limpamos Noia
O novo executivo recorta 60.000 € de gasto político e destínaos a limpeza viaria, mantemento de zonas verdes e actuacións nas parroquias. O alcalde pasa de 50.000 a 42.000 € anuais.
O goberno municipal anunciou unha redución do 20% no custo total do executivo respecto ao anterior, o que libera 60.000 € anuais que se destinarán íntegramente a limpeza viaria, mantemento de zonas verdes e actuacións por parroquias.
A medida en cifras
- Salario do alcalde: de 50.000 € a 42.000 € anuais (-8.000 €)
- Dedicacións exclusivas: tres no novo equipo (fronte a catro do anterior)
- Aforro total: ~60.000 € que pasan a servizos directos á cidadanía
Plan Limpamos Noia
O programa Limpamos Noia arranca en setembro 2025 cunha actuación faseada que comeza polo casco histórico e a praza de Abastos para continuar polas seis parroquias do concello: Noia, Barro, Obre, Roo, Boa e Argalo.
O plan inclúe:
- Limpeza intensiva de ruas e prazas
- Mantemento de zonas verdes municipais
- Actuacións específicas en marismas e bordes de ría
- Reposición de mobiliario urbano deteriorado
"O diñeiro que nos aforramos en política dedicámolo a algo que se ve e se nota: ter Noia limpa, parroquia a parroquia." — Francisco Pérez Caamaño.